Anuncios
Ticker de novas

O TSXG confirma a suspensión do requisito de empadroamento para obter a PassVigo

FOTO: CONCELLO DE VIGO // Abel Caballero coa Tarxeta PassVigo.

O TSXG desestimou o recurso interposto polo Concello de Vigo contra o auto emitido en abril de 2018 polo Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo no que adoptou, tal e como reclamaba o Concello de Redondela, a medida cautelar de suspender a esixencia de empadroamento no municipio de Vigo para a solicitude e obtención da Tarxeta PassVigo. Contra a sentenza do TSXG cabe interpoñer recurso de casación.

A Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo destaca no fallo que a vantaxe tarifaria da utilización da tarxeta como medio de pago é “clara”. Ao condicionar a posibilidade de obtención da PassVigo ao empadroamento, segundo o TSXG, “exclúese da posibilidade de acollerse a ese prezo reducido para o bono normal aos non empadroados, os cales, antes da entrada en funcionamento da PassVigo, podían acceder á tarxeta verde como instrumento de pago, cuxa utilización supoñía esa mesma redución de tarifa respecto ao prezo do billete ordinario que se paga en metálico”.

Anuncios