
O Concello de Gondomar inicia este venres 21 de decembro o ciclo de Cine de Nadal coa película “Arthur Christmas”. A proxección comezará ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío con entrada de balde ata completar o aforamento. Todo o mundo sabe que cada Nadal, Papá Noel entrega agasallos a todos os nenos da Terra. O que non todo o mundo sabe é que Santa logra o seu cometido cun operativo de alta tecnoloxía debaixo do Polo Norte. Pero cando o impensable sucede, e a Santa esquéceselle un neno entre centos de millóns, alguén ten que salvar o día. Agora depende de Arthur, o fillo menor de Santa, entregar o agasallo que o seu pai esqueceu antes de que chegue a mañá de Nadal.