A Rondalla de Chaín desfilará este fin de semana pola súa parroquia, Tomiño, Sabarís, Gondomar e Donas

Este fin de semana a Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín presenta a súa nova tempada, despois de meses traballando duramente.

O sábado 22 de decembro ofrecerá un pasarrúas e concerto en Tomiño ás 12:00 do mediodía, ás 16:00 desfilará horas por Chaín pola estrada de Morgadáns a Gondomar, ás 17:00 horas desde a Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa ata a Praza de Victoria Cadaval en Sabarís, onde dará un concerto, e ás 19:00 horas por Gondomar.

O domingo 23 de decembro desfilará por Chaín desde o Centro Cultural ata a Igrexa ás 9:45, ofrecerá en Donas un pasarrúas e concerto en San Cibrán ás 10:30 e outro desde os Tres Cruceiros ata o Mosteiro, onde actuará de novo, para finalizar cun desfile por Chaín desde Regodagua ata o Centro Cultural, onde dará un concerto.

Anuncios