O Concello de Nigrán e a Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEFOGA, ofrecen este venres ás 11:30 horas no salón de plenos a charla informativa “A vespa asiática”, impartida polo apicultor Fernando Cores Iglesias, experto en arpas eléctricas para atrapar estes véspidos. Durante a mesma, farase un recoñecemento público ás persoas que combaten activamente a praga no municipio.
Charla informativa sobre a “vespa asiática” en Nigrán

