Unha trintena de persoas formáronse en “Xestión de Almacén” en Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Clausura do curso de "Xestión de Almacén".

O alcalde de Nigrán entregou esta mañá os diplomas dos dous cursos de de “Xestión de almacén” organizados gratuitamente dende o Concello e dirixidos de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio. O obxectivo é aumentar as súas posibilidades de empregabilidade, dándose precisamente a circunstancia de que moitos deles xa comezaron a traballar antes de rematar o mesmo. O alumnado adquiriu os coñecementos teórico/prácticos dos procesos de almacenaxe e loxística, a recepción e control das mercadorías, a preparación de pedidos e a saída, a xestión informática do almacén, a prevención de riscos e o manexo de carretillas e plataformas elevadoras. O curso tivo unha duración de 120 horas, dividido en 100 horas teóricas no Centro Antena e 120 horas prácticas en empresas da zona.

Anuncios