Anuncios
Ticker de novas

Interceptado en Nigrán un condutor baixo os efectos do alcol e outro de drogas

A Policía Local de Nigrán, en colaboración coa DXT, realizou controis de alcoholemia e drogas, a diferentes horas, durante a semana do 10 ao 16 de decembro. Realizáronse 107 probas de alcoholemia, co resultado dun positivo de carácter penal (0,84 mg/l), polo cal se instruíron dilixencias xudiciais.

A Policía Local de Nigrán, nos controis de alcoholemia rutineiros, comezou a realizar probas de drogas, debido a que estatisticamente houbo un aumento de positivos na condución. Por iso é polo que agora nos controis que se realizan engadíronse as probas de estupefacientes, coas que se obtivo un resultado positivo (Cocaína e THC), sendo o condutor denunciado administrativamente.

Anuncios