O pasado sábado finalizou o Torneo de Nadal de Bolos Celta por parellas no que se proclamou vencedora a parella do club de bolos O Sobreiro de Borreiros (Gondomar) formada por Diego Pérez e Manuel Iglesias. Participaron neste torneo un total de 30 parellas que durante 9 xornadas xogáronse as clasificacións á gran final do pasado sábado. Na final, a parella do club de bolos O Sobreiro venceu á do club de bolos Vilachan (Tomiño) formada por Valentín Álvarez e Manuel Domínguez polo resultado de 2-0.
A clasificación final foi a seguinte:
Campións: Diego Pérez-Manuel Iglesias (Bolos Sobreiro)
Subcampións: Valentín Álvarez-Manuel Domínguez (Bolos Vilachan)
3º clasificados: Gabriel Valverde-Óscar Zapata (Bolos Rega)
4º clasificados: Gabriel Pereira-Alberto Martínez (Bolos Belesar Urgal)
5º clasificados: Javier Fontán-Rafael Puga (Bolos Camos)
6º clasificados: Carlos Puga-Jorge Rial (Bolos Santa Eulalia)
7º clasificados: Javier Pertierra-Ismael Fernández (La Panera-Asturias/Bolos San Cibrán)
8º clasificados: Laureano Miniño-Xosé Sequeiros (Bolos Baredo)
Este torneo pon fin á tempada de bolos celta ata o inicio da próxima que está fixada para o día 9 de marzo. Desde a Federación Galega queren desexarlle a directivos e xogadoras/es de clubs; medios de comunicación que fomentan os bolos e afeccionados en xeral, unhas felices festas do Nadal e un próximo ano cheo de éxitos deportivos para todos.

