Este sábado día 15 de decembro continúa a programación de Nadal organizada pola Concellería de Cultura de Gondomar co espectáculo “O mundo máximo de Pinocho” de Educateatro no Auditorio Lois Tobío. Haberá dúas sesións, unha ás 17:00 e outra ás 19:30 horas. A entrada terá un prezo de 2,50 euros e o despacho de billetes abrirá unha hora antes do inicio de cada sesión e pechará durante o espectáculo. Non se venderán máis de 6 entradas por persoa.
En “O mundo máxico de Pinocho”, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

