
Sumándose ás mobilizacións que hai en todo o país para manifestar que hai que defender as pensións goberne quen goberne, que son un dereito que se teñen gañado as persoas co seu traballo e que moitas veces están por debaixo do limiar da pobreza, a Coordinadora do Val Miñor do Movemento pola Defensa das Pensións Públicas convoca unha concentración este sábado 15 de decembro ás 12:00 horas diante da capela da Alameda da Ramallosa.