Sin categoría

Concurso de postais e de tortas e doces de Nadal en Mañufe

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe continúa este sábado 15 de decembro a súa programación de Nadal coa celebración do seu concurso anual de postais de Nadal para nenos a partir das 18:00 horas e o seu tradicional concurso de tortas e doces a partir das 19:30. Dividirase en tres categorías, máis grande, máis saborosa e máis bonita (terase en conta a decoración, presentación e orixinalidade). Tamén haberá concurso de viños brancos do país. Os catro gañadores recibirán como premio unha fantástica cesta de produtos de Nadal. Finalmente todos os asistentes poderán degustar os doces participantes.