Bieito Iglesias presenta en Gondomar “Guías caninos”

A libraría Libraida de Gondomar acolle este venres 14 de decembro ás 20:00 horas a presentación de “Guías caninos” (Editorial Aira), de Bieito Iglesias e ilustrado por Xulio Gayoso. O acto estará presentado por Carlos Méixome e contarán coa presenza do autor.

O inspector de policía Benito Marañao ten a misión de desenguedellar o misterio da desaparición dunha muller que ten na brasa a cidade de Ourense. Está a actuar unha seita perigosa á beira do Miño? Está a actuar un asasino en serie?

Bieito Iglesias retorna ao universo da súa popular obra Miss Ourense. Con moita retranca e un dominio absoluto das técnicas narrativas do xénero, o autor constrúe unha novela negra, que non policial, áxil e chea de humor.