
O delegado do Estado, David Regades, entregou esta mañá ao alcalde de Nigrán, Juan González, as últimas obras de urbanización do polígono de Porto do Molle realizadas por Zona Franca. Ambos os dous responsables comentaron as posibilidades de mellora dun parque que xa é a insignia do Val Miñor e onde, unha vez vendidas as parcelas de uso comercial, apenas queda xa superficie dispoñible.