O Gondomar CF organiza unha gran chocolatada de Nadal

O Gondomar CF segue a facer actividades que dinamicen o club e o pobo e neste senso convoca o 29 de decembro unha gran chocolatada con churros no Campo das Gaiandas. Será o sábado previo á finalización do ano, ás 10:00 da mañá, e estará aberta a todo o pobo, por un prezo de 3€. Ese día de festa, haberá música ambiental e instalarase unha carpa con mesas e cadeiras no recinto das Gaiandas, para protexer do posible frío que poida facer, ou por se caese choiva. Está convocado todo o pobo, simpatizantes do club ou non, para despedir o ano ao quentiño dun bo chocolate con churros.