Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura chegan a Nigrán co novo 4G

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, están a empezar a ofrecer en Nigrán servizos sobre a rede 4G na banda 800 MHz, o que permitirá aos veciños gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. Para xestionar estes servizos, púxose a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega800.es.

Coa chegada do novo 4G a Nigrán continúa o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega800.es/listado-de-municipios-activos/

O despregamento 4G enmárcase no establecido no Real Decreto 805/2014, do 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015 no que se procedeu á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canles 61 ao 69 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

Coa rede 4G abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.

“Esta rede avanzada de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira vantaxe consiste en que liquida moitos problemas relacionados con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A súa outra vantaxe destacable é a gran penetración en zonas interiores dos edificios” explica Daniel Espín, portavoz de Llega800.

A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Para garantir a compatibilidade

Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por unha banda, unha actuación previa, grazas á cal os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.

E, por outro, un procedemento correctivo, tras o aceso das estacións, polo que Llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen custo algún.