Nigrán abre o prazo de inscrición para a excursión ao parque temático do Nadal Perlim

O Concello de Nigrán abre dende este mércores 12 ao xoves 20 o prazo de inscrición para a viaxe que organiza o 27 de decembro a Perlim, o parque temático de Nadal situado preto de Oporto. O prezo é de 6 euros por persoa (os menores de 3 anos non pagan) e inclúe transporte en autobús e entrada ao recinto. A inscrición pode realizarse na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 13:30 horas abonando os cartos. O número máximo de prazas é de 100 e se seguirá un rigoroso orde de inscrición, tendo prioridade os empadroados en Nigrán.

A saída o 27 de decembro está prevista ás 10:30 horas dende o Concello e o regreso aproximado ás 22:30 horas (saída para Nigrán en canto Perlim peche, ás 20:00 horas). O parque temático dispón de diferentes restaurantes no seu interior e, aínda que se pode levar a comida da casa, non dispón de zonas habilitadas para o picnic.

Perlim, situado en Santa María de Feira, cerca de Espinho e Oporto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos penetren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas…

Anuncios