Anuncios
Ticker de novas

Gondomar inaugura o luns o Belén artesanal en movemento

Este luns, día 10 de decembro, inaugurarase ás 20:30 horas o Belén en movemento que por terceiro ano consecutivo ocupa o corredor lateral do Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

A espectacular recreación do Nacemento de Xesús, que ocupa máis de 40 metros cadrados, está elaborada por Fernando Fernández Penedo, máis coñecido como “Nando”, natural de Baiona aínda que na actualidade veciño da parroquia gondomareña de Borreiros.

Os materiais que compoñen o Belén son reciclados, e grazas a motores reutilizados de microondas conséguese que os personaxes cobren vida. A gran maqueta poderá ser visitada ata o 6 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:45 e de 17:00 a 21:45 horas.

Anuncios