Anuncios
Ticker de novas

O PP de Nigrán organiza unha excursión a Óbidos, a máxica Vila Natal portuguesa

O Partido Popular de Nigrán organiza o próximo 15 de decembro unha excursión á localidade portuguesa de Óbidos. A saída será ás 8:00 desde o Concello de Nigrán. O prezo é de 24 euros, incluíndo autobús, entrada a Vila Natal e picnic (ida e volta). Os interesados poden anotarse no teléfono 646 53 50 65 ou no correo electrónico excursionobidos@gmail.com.

Coa chegada do mes de decembro, a aldea de Óbidos énchese de luz, cor e fantasía, e transfórmase nun lugar de ilusión, onde todos – nenos e adultos – poden vivir experiencias máxicas, entre numerosos xogos e diversión. A Casa de Papá Noel, o Belén, espectáculos, xogos, pistas de xeo, inchables, en definitiva, espéralle moita diversión, proporcionándolle momentos especiais que poderá gozar ao máximo en familia.

Anuncios