Anuncios
Ticker de novas

Nigrán ofrece este sábado o clásico Concerto de Nadal coas tres corais do municipio

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // A Coral Novos Aires de Nigrán.

O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o tradicional “Concerto de Nadal” coa presenza das tres corais do municipio: Os Vagalumes da AVCD O Castro de Chandebrito, a Coral Novos Aires de Nigrán e o Coro Ecos do Castelo de Bolos da Carrasca. Como cada ano, o Concello realizará unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros entre os asistentes.

As agrupacións interpretarán entre 6 e 7 pezas con temas de todos os xéneros e con especial atención ás panxoliñas. Así, o público poderá gozar de cancións tan coñecidas como “Blanca Navidad”, “Halelluja”, “Va Pensiero”, “Qué Bonito”, “Como llora una estrella”, “Noche de Paz”, “Adeste Fideles”, “Jesús Redentor”…

Anuncios