Anuncios
Ticker de novas

Adrián Valverde preséntase vestido de líder no tramo final da Copa Galicia

FOTO: LUZ IGLESIAS // Adrián Valverde.

Con máis de 300 puntos de vantaxe respecto á segundo Elite, Adrián Valverde afronta a dobre xornada da Copa Galicia de Ciclocrós que se disputará durante esta ponte. O certame autonómico ten cita o xoves en Boiro e o domingo en Pontevedra.

O baionés do Club Ciclista Rías Baixas ocupou a primeira posición da súa categoría en dez das once probas celebradas ata o momento. Ese dominio concedeulle unha marxe de 317 puntos sobre Jorge Punzón (Prebetong) e de 391 en relación a Luis Fernández Oliveira (Avanza).

Na táboa absoluta o representante da entidade presidida por José Luis Chamorro ocupa a terceira posición por detrás de dous Sub23. O líder Adrián Barros (Ponteareas) supérao en 55 puntos cando restan cinco carreiras para que conclúa o certame autonómico.

Anuncios