Anuncios
Ticker de novas

Iván Roade suma unha nova vitoria no XLV Trofeo de Pedestrismo de Cangas

FOTO: CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS // Iván Roade no máis alto do podio.

Iván Roade Lago sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva. Tras gañar a Carreira Popular Vigo+11 e a 40ª edición do Memorial Belarmino Alonso de Campo a través, o nigranés impúxose no XLV Trofeo de Pedestrismo – Memorial Pepe Cordeiro, o evento deportivo máis lonxevo do Concello de Cangas do Morrazo, organizado polo Club Atletismo Vila de Cangas.

O corredor do ADAS-PROINOR completou os 10 quilómetros do circuíto, que este ano tivo a saída en Aldán para percorrer 6 quilómetros pola Alameda Vella e dúas voltas urbanas (rúa Longán, rotonda do porto…), nun tempo de 31:06. Sete segundos despois cruzaba a meta Nuno Filipe Ribeiro Pinto da Costa (Tambre Bike& Running), ocupando a segunda posición, e pechando o podio, Manuel Marchena Román (Miler Running), cun tempo de 33:21.

O evento reuniu a 500 atletas repartidos nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta.

Anuncios