Gondomar acolle a primeira quedada de coches deportivos e súper deportivos

Gondomar acollerá este sábado, día 8 de decembro, a I Concentración de coches deportivos e súper deportivos. O evento, incluído na programación cultural de Nadal, está organizado por Cilindrada a Tope coa colaboración do Concello de Gondomar, Myshooter Seasoning Drink, Blue Deep e Centro Porsche Vigo. Esta primeira quedada terá lugar na Praza de Rosalía de Castro, xunto á Praza de Abastos de Gondomar, desde as 14:00 ata as 21:00 horas.