Anuncios
Ticker de novas

O Cereixa disputa a rolda de oitavos de final da Copa Galicia

Este xoves día 29 de novembro disputarase ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Gondomar, a rolda de oitavos de final da mellor competición galega, entre o Vincios Cereixa Gondomar FS e o Pizarras os Tres Cuñados do Barco de Valdeorras, equipo de 2B claro aspirante ao ascenso a división de prata do fútbol sala nacional.

Disputar a XXVIII Copa Galicia por terceiro ano consecutivo non é por casualidade, polo que o equipo gondomareño non descarta a posibilidade do paso a cuartos de final, reto moi complicado aínda que posible coa axuda da afección, á cal convidan a acompañarlles nesta noite copera.

Anuncios