CABE aposta pola candidatura de David Bruzos para En Marea

Diante das vindeiras eleccións ao consello de En Marea, na que se presentan dúas listas cerradas e das que sairán proporcionalmente elixidas as persoas electas para conformar o novo Consello, así como a Comisión de Garantías, a posición de CABE que veñen de acordar na asemblea do venres día 23 de novembro é a seguinte:

Animar a todas as persoas inscritas a participar neste proceso electoral pola súa importancia para conformar unha Marea forte, renovada e de espírito gañador das próximas eleccións tanto municipais coma europeas. Unha Marea que aúne forzas nun espazo de encontro plural, unitaria e xenerosa, para facer fronte ás políticas que a dereita vén realizando contra a cidadanía do noso país.

Neste sentido a candidatura de unidade popular municipalista de Gondomar Concello Aberto (CABE) tomou a decisión de pedir o apoio para a candidatura “Entre Todas”, encabezada por David Bruzos. A razón deste apoio débese a que é esta a candidatura que consideran conforme ao espírito unitario integrador non só das persoas independentes no espazo de encontro dos valores da esquerda social senón tamén das organizacións políticas como ANOVA, Podemos, Esquerda Unida… Ademais suma e integra as principais Mareas municipalistas como Compostela Aberta, a Marea Atlántica ou Ferrol En Común e outras agrupacións de base social e unitarias que non leven ao sectarismo tan nocivo nas políticas pretéritas do noso país.

Por todo iso animan ás inscritas e inscritos a participar e a dar o apoio a esta opción de “Entre Todas” por axustarse a filosofía do espírito que deu nacemento do exitoso agrupamento social das Mareas.

Anuncios