Sin categoría

Presentación da obra “Cóncavo Convexo” e charla posterior sobre a saúde mental en Nigrán

O Concello de Nigrán e o Grupo Oes Ves do Centro de Saúde Val Miñor ofrecen este xoves 29 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra de teatro “Cóncavo Convexo” e posterior charla-coloquio sobre a saúde mental na nosa contorna a cargo de Antón Seoane-Pampín Montenegro (psiquiatra) e María Dolores Crespo Nalgo (enfermeira da USM do Val Miñor).

A obra “Cóncavo Convexo” estará representada por Vichelocrego Teatro, escrita por José Luis Prieto e dirixida por Bego Brás. Vichelocrego Teatro é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como finalidade a promoción do teatro. A súa sede social atópase en Gondomar. Constituíuse como tal no ano 1999 partindo da necesidade de manter e consolidar un grupo emerxente de afeccionados e cultivar ao mesmo tempo esa afección no ámbito do teatro escolar. A partir da creación da asociación fúndase, no mesmo ano, o grupo de teatro de igual nome.