Anuncios
Ticker de novas

O nigranés Iván Roade imponse no Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

FOTO: COMESAÑA SPORTING CLUB // Iván Roade na entrega de premios.

Tras conseguir dúas semanas antes a vitoria na Carreira Popular Vigo+11, o nigranés Iván Roade Lago impúxose o domingo na 40ª edición do Memorial Belarmino Alonso de Campo a través, organizado polo Comesaña Sporting Club co patrocinio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, así como coa colaboración da Xunta de Galicia.

O corredor do ADAS-PROINOR completou os 8.565 metros do circuíto, situado en “Molinos”, á beira do campo de fútbol de “A Xunqueira”, na parroquia viguesa de San Andrés de Comesña, en 31:38. 9 segundos despois chegaba Nuno Filipe Ribeiro Pinto da Costa (Tambre Bike&Running), ocupando a segunda posición, e pechando o podio, Jorge Santa Cruz (Sporting Clube Braga), cun tempo de 32:21.

Anuncios