Nigrán inviste 6.500 € en renovar de urxencia o falso teito da Asociación de Veciños de Panxón

O Concello de Nigrán investiu 6.500 € en substituír de urxencia todo o falso teito da Asociación de Veciños de Monteferro, local municipal situado na Porqueira (Panxón). A obra foi contratada de urxencia ante o desprendemento repentino de varias pezas e o perigo real de máis desplomes, polo que o Concello substituíu os 109 metros cadrados. A maiores, renovou a instalación lumínica, que resultaba moi deficiente, e pintou a totalidade do local. Trátase da primeira obra que se leva adiante dende a súa cesión á asociación de veciños hai máis de vinte anos.

2018-11-28 - IMG_6009

Anuncios