Anuncios
Ticker de novas

Un mozo de Nigrán causa danos nun bar de Gondomar e intimida aos clientes cun coitelo

Un home en estado de embriaguez causou danos este domingo dentro dun bar da rúa Eduardo Iglesias en Gondomar. A Policía Local acudiu ao lugar tras recibir o aviso de Emerxencias 112 ás 8:00 da mañá. Os axentes identificárono como R.C.B., veciño de Nigrán de 27 anos de idade. Ademais, incautáronlle un coitelo cunha folla de 16 centímetros que utilizaba para intimidar, polo que foi denunciado ante a Subdelegación do Goberno por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá.

A Policía Local de Gondomar centra as súas vixilancias nas mañás dos sábados e domingos na zona do cruzamento principal entre as rúas Eduardo Iglesias e Elduayen, que se está convertendo nun punto habitual de conflitos, onde conflúen individuos moi prexudicados polo consumo de alcol e outras drogas e que ademais dos altercados dentro do local, causan, con moita frecuencia, danos no mobiliario urbano da Vila.

Anuncios