Sin categoría

A socialista Laura Míguez renuncia á súa acta de concelleira

Laura Míguez Pérez presentou este luns ante a Secretaria Xeral do Concello de Baiona o escrito de renuncia da súa acta de concelleira. Nun comunicado enviado aos medios, recorda que “durante uns anos, en diferentes lexislaturas, dende que prometín por primeira vez no ano 1993 o cargo de Concelleira, formei parte da Corporación de Baiona dende o Partido Socialista de Galicia – PSOE”.

“Foi para min, unha honra poder representar aos meus veciños e veciñas, que depositaron na miña persoa a súa confianza, para ocupar este cargo, sentíndome cada día unha privilexiada estando no lugar no que se toman decisións que nos afectan como habitantes de Baiona”.

Finalmente, sinala que “quero agradecer ás persoas que ao longo deste tempo traballaron ao meu lado, compañeiros, amigos e en especial a miña familia, para intentar levar adiante, sempre con ilusión, un proxecto compartido que soamente buscaba o mellorar as condicións de vida no meu pobo, Baiona”.