Este sábado celebrouse en Panxón a primeira concentración Baby da tempada 2018/2019, organizada conxuntamente entre a Federación Galega de Baloncesto e o CB Nigrán, coa participación dun total de 6 equipos pertencentes aos clubs Celta, Amor de Dios, Sauces e CB Nigrán.
No pavillón situáronse 3 pistas de xogo, onde os equipos participantes foron xogando de maneira continua, alternándose de modo que o formato consistiu en xogar todos contra todos en dous das tres pistas. Na terceira pista leváronse a cabo xogos e competicións de tiro, entradas, habilidades, etc., que fixeron as delicias dos máis peques do baloncesto.
Excelente ambiente a pé de pista e na bancada, coas familias aplaudindo cada acción que ocorría no xogo e cada canastra, achegando un plus de divertimento a terceira pista, onde os nenos e nenas puideron demostrar o talento e as habilidades que levan dentro.
Unha mañá que cumpriu coas expectativas do deporte en xeral e do baloncesto concretamente a estas idades: convivencia, compañeirismo, respecto, igualdade, e moita paixón polo baloncesto.
Para os equipos participantes a organización puxo á súa disposición auga e froita, para recuperarse do esforzo realizado durante a mañá. Desde o CB Nigrán xa están a desexar que chegue a próxima concentración Baby.







