Anuncios
Ticker de novas

Un neno resultou ferido ao ser atropelado en Nigrán

Un neno resultou ferido ao ser atropelado en Nigrán, concretamente no punto quilométrico 12,200 da PO-552. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o menor se atopaba consciente tras o accidente, que sucedeu ás 15:00 horas. Un particular contactaba co CIAE-112 para alertar do atropelo e, acto seguido, desde o 112 Galicia se informou ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, ao GES de Val Miñor, a Protección Civil, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

Anuncios