A Agrupación Musical de Belesar celebra este sábado día 24 de novembro a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos. Ás 16:45 horas realizarase unha ofrenda floral no cemiterio de Belesar na honra dos defuntos da parroquia. Ás 17:00 horas celebrarase unha misa cantada pola Coral de Belesar seguida de procesión. E ás 18:00 horas a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un concerto no Centro Cultural da parroquia, durante o que se sortearán premios doados por empresas colaboradoras.
A Agrupación Musical de Belesar celebra a festividade de Santa Icía

