O CB Nigrán quere render un ano máis homenaxe ás vítimas de malos tratos con motivo do Día contra a Violencia de Xénero cun vídeo no que colaboraron personalidades destacadas de diferentes ámbitos como Carlos Nuñez, Jorge Garbajosa, Ledicia Costas, Kostas Vasileiadis ou Lino López e entidades como Amfiv Iberconsa ou Juan María ademais dos propios xogadores e xogadoras do club. Cada balón no vídeo simboliza unha vítima.
O CB Nigrán, con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, quixo render un ano máis unha sentida homenaxe ás súas vítimas a través da edición dun vídeo no que aparecen representantes de diferentes ámbitos da sociedade como o músico galego Carlos Núñez, a medallista olímpica en balonmán Begoña Fernández, Miguel Méndez, o adestrador de Perfumerías Avenida Lino López, a xogadora de baloncesto da selección española Belén Arrojo, os presidentes da Federación Española e Galega de Baloncesto, a escritora Ledicia Costas, o xogador do Obradoiro Kostas Vasileiadis, así como diversos colectivos tales como o club Amfiv, o Basketmi Ferrol, o centro Juan María ou os claustros de profesores dos colexios Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Panxón e Mallón, entre outros. Todos eles aparecen no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller asasinada así como por cada un dos nenos e nenas asasinados neste 2018.
Todos quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte.
Con cada un destes balóns que simbolizan ás vítimas o Club Baloncesto Nigrán debuxou un gran lazo na pista de xogo do pavillón do colexio de Panxón en torno ao cal se colocaron os xogadores, adestradores, directivos e familias do club, constituíndo a imaxe final do vídeo a través do cal o CB Nigrán busca concienciar e sensibilizar sobre «esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas e que sirva como un pequeno granito de area na loita contra a violencia machista».










