Anuncios
Ticker de novas

Nigrán inicia os traballos de bioenxeñaría no río Muíños para restaurar a súa canle fluvial

As obras de acondicionamento das marxes do río Muíños que adxudicou o Concello de Nigrán en maio á empresa Audeca por 510.000 atópanse non seu ecuador co inicio dos traballos de bioenxeñería. O obxectivo é que mediante técnicas ecolóxicas e de drenaxe sostible se devolva o equilibrio natural ao río facendo del un espazo fluvial de referencia en Galicia dende o punto de vista paisaxístico, ambiental e tamén técnico, xa que se están a aplicar solucións pioneiras na comunidade. Precisamente, Audeca é unha empresa especialista en restauracións hidrolóxicas con obras señeiras a nivel nacional como a recuperación do río Negro (Zamora), orzada en 3 millóns de euros a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e que supuxo unha mellora na calidade das súas augas, o acondicionamento da súa canle e, consecuentemente, a recuperación da colonia de náyades (Especie de mexillón protexido).

As obras, que estarán rematadas en dous meses, comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle e 3 km no río Nespereira, contemplando dende a revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novas como o estaquillado de salgueiros ou trenzados, a creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección con fibra de coco nas marxes e creación de pendentes naturais. As distintas obras están destinadas a frear a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestal Javier Santiago propuxo técnicas de drenaxe sostible baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou humidais. Así, se priorizan os seus recursos naturais e non se lle engade ningún ornato artificial.

O proxecto inclúe a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe e nos que destaca a construción dunha pista de atletismo e outra de skate-scooter, obras que xa arrancaron hai un mes.

“Trátase dun proxecto clave para este goberno cuxo obxectivo primordial é devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, á súa vez, alteran a paisaxe con rapidez, como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América”, resume González.

Anuncios