Manifesto Miñor quenta motores para as municipais cunha asemblea aberta

FOTO: MANIFESTO MIÑOR

O vindeiro venres, 23 de novembro, no local de Manifesto Miñor en Gondomar (escolas vellas), convocan a toda a veciñanza do Val Miñor a unha Asemblea Aberta para debater e poñer en común as distintas posibilidades de cara ás vindeiras eleccións municipais (maio de 2019). Dende Manifesto Miñor fixan o obxectivo de presentar candidaturas veciñais de confluencia nos tres concellos do Val Miñor a través de procesos participativos e abertos a todas aquelas veciñas e veciños que queiran participar neste espazo común.

A asemblea desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:
1º.- Constitución da mesa da Asemblea.
2º.- Valoración política da situación nos tres concellos do Val Miñor.
3º.- Posicionamento de Manifesto Miñor diante das vindeiras eleccións municipais: conformación de listas propias, acordos de confluencia en torno a programas e procesos de elaboración de programas, candidaturas, etc.