O Conservatorio de Gondomar festexa Santa Icía con composicións de Patricia Goberna

Como todos os anos, o Conservatorio Municipal de Música de Gondomar celebrará a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, este mércores 21 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío. Desta banda, dedicaralle un monográfico á pianista e compositora Patricia Goberna, ex profesora do conservatorio, que dedicou varias obras ao coro e orquestra do centro. Para a ocasión, estrearán unha nova peza para esta formación: «Se eu achase a palabra», cun poema da escritora galardoada este ano nas Letras Galegas, María Victoria Romero. O concerto está incluído na programación do 35 aniversario do conservatorio, organizada pola Concellería de Cultura de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro. A entrada é gratuíta ata completar aforamento.