Interceptado en Gondomar un condutor ebrio, sen carné e sen seguro

Axentes da Policía Local de Gondomar déronlle o alto na tarde deste luns a un condutor por non levar o cinto de seguridade. Comprobaron que era un veciño de Gondomar de 51 anos de idade que nunca sacara o permiso de conducir, circulaba cun turismo sen seguro obrigatorio e unha vez realizada a proba de alcoholemia, superaba o límite establecido no Código Penal. Por estes feitos, tramitáronselle dilixencias ao Xulgado de Garda de Vigo para a súa sanción por vía penal denunciado por presunto delito contra a seguridade viaria.