A Garda Civil detivo nas últimas horas a un home de 70 anos de idade na parroquia de Couso, en Gondomar, por supostos abusos sexuais e agresións no ámbito familiar. Segundo informa a TVG, estes abusos puidéronse cometer mesmo con menores de idade e desde hai máis de 30 anos, polo que algúns deles poderían estar prescritos. O septuaxenario foi trasladado este martes ao Xulgado de Instrución Nº 1 de Vigo, onde estaba citado para declarar. Os feitos saíron á luz tras un enterro celebrado a semana pasada no que varias persoas da familia tiveron un enfrontamento e tivo que acudir a Garda Civil.
Artículos relacionados
Unha vintena de voluntarios eliminan plantas invasoras nas dunas de Praia América
O Concello de Nigrán iniciou onte o novo programa de voluntariado ambiental incluído no proxecto do GALP “Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón”. O grupo de voluntarios, […]
O PP denuncia que Gondomar vai quedar sen a Brigada de Bombeiros Forestais
O Partido Popular denuncia nun comunicado que o Concello de Gondomar vén de avisar á Brigada Forestal con base neste municipio, de que en breve teñen que abandonar a súa sede e deixar baleiro o […]
Candidaturas Eleccións Locais 2019 Baiona
Candidatura núm. 1: PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE) Titulares 1. CARLOS GOMEZ PRADO 2. OSCAR MARTINEZ ALVAREZ 3. ROSA MARIA DOMINGUEZ RODA 4. CONCEPCION VARA RODRIGUEZ 5. MIRIAN MAR COSTAS IRIARTE 6. VICTOR MANUEL […]