Anuncios
Ticker de novas

Últimos días para recoller as entradas da gran cea-baile de Nadal do Gondomar CF

O Gondomar CF organiza a tradicional cea de Nadal, que se celebrará o sábado 24 de novembro ás 21:30 en As Colinas. O menú, cun prezo de 35 euros por persoa, inclúe entremeses, vieiras, croquetas, calamares, empanadillas, tenreira, cordeiro, sobremesa, café, bebidas e chupitos. Os menores de 10 anos terán un prezo reducido de 15 euros. Haberá autobús e baile gratuíto. Os interesados poden mercar a súa entrada reservando nas redes sociais ou recolléndoa na cafetería As Cercas (Estación de Autobuses).

Anuncios