Anuncios
Ticker de novas

13 medallas para o Club de Loita Sabarís no Gran Slam de Braga

FOTO: CLUB DE LOITA SABARÍS // Os deportistas do Club de Loita Sabarís xunto co seu adestrador no Gran Slam de Braga.

O Club de Loita Sabarís conseguiu este sábado un total de 13 medallas no Gran Slam de Braga de Loitas Olímpicas, celebrado no Pavilhão Gimnodesportivo de Mire de Tibães (Braga, Portugal), nas categorías de deporte base, escolar, cadete e júnior/sénior.

Omar Rodríguez e Cristian Suárez volven a Baiona coa medalla de ouro, o primeiro na categoría sénior 77 kg e o segundo en cadete 80 kg. David González fíxose coa medalla de prata en cadete 60 kg e Diego Otero conseguiu a medalla de bronce en sénior 77 kg.

O resto de medallas foron conseguidas por unha representación de 9 loitadores do equipo base, formado por 5 loitadores de Nigrán e 4 de Baiona. Esta competición serve como fase preparatoria das diferentes seleccións galegas, de fronte o próximo ano.

Anuncios