Concerto de Outono en Donas

A Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas celebra este sábado 17 de novembro o seu Concerto de Outono. Ademais do grupo anfitrión participarán a Coral Polifónica de A Guarda e a Coral de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa). O concerto comezará ás 19:00 horas na Igrexa de Santa Eulalia de Donas.