Anuncios
Ticker de novas

III Fin de semana de teatro no Centro Cultural de Borreiros

A Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros ofrece un fin de semana de teatro coa representación de tres obras. O venres 16 de novembro ás 21:30 horas o Grupo de Teatro de Louredo A Cividade de Mos presentará “Se hai que bailar… bailamos”. O sábado 17 será a quenda da compañía “A Xesta Vermella” de Borreiros, coa obra “Pola culpa do Gayoso”, a partir das 21:00 horas. O domingo 18 ás 18:00 horas, o Grupo de Teatro O mellor de cada casa de Viladesuso pechará o fin de semana dedicado ao teatro con “Cousas da vida”.

Anuncios