Anuncios
Ticker de novas

Gondomar recibirá 34.000 € para conectar San Bieito e Párroco Mariño á rede de pluviais

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante unha resolución presidencial, un novo investimento no Concello de Gondomar ao abeiro do Plan Concellos por un total de 34.187,88 euros. Trátase esta vez dunha axuda para a conexión coa rede de augas pluviais da primeira transversal San Bieito e Rúa Párroco Mariño.

Ademais desta cantidade, o goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 522.416,64 euros na liña 1 destinados a reformar o interior dos polideportivos de Gondomar e Donas, ao proxecto de urbanización da contorna do Peto de Ánimas de Piñeiro, ao proxecto básico e de execución para parques indoor e infantil en Avenida do Conde de Gondomar y Mañufe, reformar e pavimentar o camiño de Sequeiros dende a PO-341, reformar a Praza da Paradela e da súa contorna e urbanizar a Rúa da Igrexa.

Ademais, outros 92.360,8 euros investíronse no Cinema na Rúa 2018, na III Gala do Deporte do Concello de Gondomar, na Aula de Teatro, na Actividade Aventura en Familia, no Curso Operador/a de Carretillas Elevadoras para 30 persoas, na Promoción Comercio Local, na II Proba Monográfica Real Ceppa Galicia, no Gasto Corrente Novo, no Curso Desa, na Festa da Rosquilla 2018, no Gondoverán 2018, no Taller de Memoria para Maiores, no Curso de Informática Básica para Maiores, no Curso de Ximnasia de Mantemento para a Terceira Idade, no Tobogán de Auga, no 35 aniversario do Conservatorio Elemental Municipal de Gondomar, no Gladiator Kids e na Guía Turismo. Outros 218.552,34 euros foron destinados á financiación da contratación de traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan Concellos 2018.

A Deputación destina este ano a Gondomar, a través do Plan Concellos, un total de 1.667.227,04 euros, un 77,22% máis que en 2017.

Anuncios