Encaixamos organiza este sábado unha cea baile

Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) organiza unha cea baile este sábado 17 de novembro no Restaurante O Muíño de Sabarís a partir das 21:30 horas. O menú, cun prezo de 20 euros, inclúe empanada, revolto de grelos, táboa de embutidos (lombo, chourizo, queixo e xamón), churrasco mixto (porco, tenreira e polo), bebidas, sobremesa e café. A velada estará amenizada polo cantante Roberto Caco. Máis información e reservas nos teléfonos 696 716 227 (Ana María) ou 649 808 604 (Cristina).

Anuncios