Chega para reforzar o Gondomar CF, o polivalente xogador Samu Puime, residente de Donas e de 19 anos. Formado nas categorías inferiores do Gondomar FB, ED Val Miñor e CD Choco, vén procedente do CD Pontellas de Preferente. O novo xogador asegura que chega «con gañas de axudar ao equipo a facer os máximos puntos posibles, para devolver á entidade a onde se merece». Dende o club queren dar as grazas ao CD Pontellas polas facilidades para a súa incorporación.
Samu Puime ficha polo Gondomar CF

