Sin categoría

O CPA Gondomar tamén sobe ao podio nos rexionais

O Pavillón do Ensanche de Ferrol (A Coruña) tivo onte unha intensa actividade na proba de Patinaxe Artística organizada na cidade departamental, pois na xornada de onte 10 de novembro, celebrouse a III Fase de Categoría Rexional para as categorías Absoluta e Alevín, que competiron todo o día, na que os patinadores do Club Patinaxe Artística de Gondomar subiron o podio. Con unicamente un programa curto o primeiro posto foi para Manuel Estévez en categoría masculina. En categoría feminina primeiro posto tamén para Sofía Fernández, e segundo para outro membro do CPA Gondomar, Noa Álvarez.