A Garda Civil iniciou unha investigación para dar co paradoiro do autor dunha agresión con arma branca na Ramallosa. O suceso produciuse ao redor das 3:00 da madrugada deste domingo xunto a un establecemento nocturno situado na Avda. de Portugal, na parroquia nigranesa de San Pedro. Durante unha pelexa, un mozo de 24 anos natural de Tomiño resultou ferido ao recibir unha navallada no abdome. Foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro polos servizos de emerxencia.
Mozo ferido por arma branca na Ramallosa

