Anuncios
Ticker de novas

Suspendida a penúltima xornada da Liga de Outono J80

FOTO: ROSANA CALVO // O Okofen de Javier de la Gándara.

As condicións meteorolóxicas adversas que se rexistran este sábado na baía de Baiona, restos do temporal que azoutou Galicia nos últimos días, obrigaron a suspender a terceira e penúltima xornada da Liga de Outono AXA J80, que estaba previsto celebrar hoxe a partir das 15:00 horas.

Á espera do que suceda na última xornada, prevista para o próximo 24 de novembro, a clasificación mantense como estaba. O Okofen de Javier de la Gándara, con 6 puntos, lidera a competición; e completan os postos de honra provisionais o Marías de Manuel María Cunha, con 12, e o Luna Nueva de Juan Luis Tuero, con 16.

Anuncios