A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza unha charla de prevención e actuación no fogar en caso de incendios e accidentes. Será o martes 13 de novembro ás 19:00 horas no salón de actos do CEP Sabarís e estará impartida por membros do GES do Val Miñor. Explicarase como hai que actuar en caso de incendios no fogar e incendios forestais, que facer no caso de quedar atrapados no ascensor ou ante escapes de gas e que é e como se utiliza un extintor.
Charla en Sabarís sobre como actuar en caso de incendios e accidentes no fogar

