Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira organiza unha andaina por Baredo

A Asociación de Veciños “Castro e Ladeira” organiza o sábado 10 de novembro unha nova andaina. “Os obxectivos desta actividade son moi claros”, afirma Martín Otero, presidente do colectivo, “non só queremos promover o deporte mediante as andainas, tamén queremos potenciar e promover as parroquias, sen esquecernos da convivencia entre veciños, algo que se está a perder”.

Este sábado 10 de novembro ás 15:30 horas farán a ruta, que discorrerá, nesta ocasión, pola parroquia de Baredo, cun percorrido de 12 km. O punto de encontro e de partida será no segundo aparcadoiro do Restaurante Rocamar, no da rotonda non, o seguinte, para comezar camiñando polo paseo dos Muíños.

Todas aquelas persoas interesadas deben acudir ao lugar e hora indicada. “Queremos que os veciños pasen un bo rato mentres camiñan e coñecen as parroquias e arredores”, conclúe Martín.

Anuncios