A parroquia gondomareña de Borreiros celebra este sábado 10 de novembro as festas na honra de San Martiño. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con sermón e procesión acompañada pola charanga Vai de Baile, que ofrecerá unha actuación ao finalizar. Ás 17:00 horas disputarase un gran partido de fútbol entre solteiros e casados, e á mesma hora no torreiro de festas actuará de novo a charanga Vai de Baile. A partir das 20:30 horas comezará a verbena co grupo Ritmo e o Trío Azar. Durante todo o día haberá castañas e viño tinto.
Borreiros celebra as festas de San Martiño

